Wednesday 08 de May de 2024

Asistencia multitudinaria ao Festival de Danza Clásica no Auditorio Municipal


Unha ano máis o Auditorio de Riveira encheuse por completo con motivo da celebración do Festival de Danza Clásica ofrecido pola Escola de Ballet.

Unhas 70 rapazas e rapaces que forman parte desta actividade formativa municipal participaron nun evento que contou ademais coa actuación especial ao piano da moza Michelle Pena, que acaba de finalizar os seus estudos no Conservatorio.

O programa incluíu entre outras pezas a interpretación de “A Bayadera” ademais dun vals executado pola profesora da escola, Cristina Riveiro.

A cita concluíu cunha entrega de diplomas.